14.2.08

FRAN ALONSO co club de lectura

Como xa tiñamos anunciado, o club de lectura estivo este mes centrado na obra "Cartas de amor", de Fran Alonso. A esta iniciativa lectora sumáronse algúns grupos de 4º ESO e 1º Bach.
A pasada semana tivemos unha charla-colóquio do club de lectura sobre este sorprendente libro. Nela falamos dos diversos temas sociais dos nosos días nos que as cartas nos van introducindo: a inmigración, o turismo sexual, a pobreza extrema, os conflictos políticos, os malos tratos, a guerra, o tratamento da homosexualidade, etc.

Hoxe recibimos a Fran na nosa biblioteca, e foi el quen puxo algo de luz sobre estes temas. Atopámonos cun home afable, sosegado, involucrado co seu mundo, co mundo de todos nós. Gústalle definirse como un escritor comprometido co seu tempo, e vaia se o consigue. Viña para unha charla de unha hora. Rematada esta abriuse un turno de preguntas, onde case nunca ninguén pregunta, e... estivemos unha hora máis. Abofé que penetrou Fran nos nosos xovenes lectores, e tamén nos que non o somos tanto. Fomos capaces de ver o volcán de Cabo Verde, as areas, o frío, o calor e o silencio do Sahara, as corrompidas noites de Manila. Fomos quen de sentir o horror das guerras, o tremor dos secuestrados, o aillamento dos inmigrantes. Pero sobre todo, fíxonos sentirnos parte deste mundo e ensinounos a velo un pouco mellor.
Os compoñentes do club de lectura non podían ter millor regalo. Aínda por riba, Fran non tivo inconvinte en firmar, facendo caligramas personalizados, ó redor duns vinte libros. É nestes momentos cando nos gustaría saber escribir tan ben coma el para poder expresarlle o noso agradecemento. Esperemos que volte con outro libro para o próximo curso. Por certo, o escritor fala de nós no seu blog cabrafanada




Iris cabalga de novo

So un día despois de sair no Faro, ainda que non estivese na foto, por pertencer ó club de lectura, a compañeira de 2º Bach. Iris, volta a ser noticia. O seu corto de animación está recollendo éxitos e non sabemos onde irá parar. Nunca Gandalf cabalgou tanto. Dende a biblioteca e o club de lectura sentimos a emoción dos que van ser nomeados cando ela recolla un Goya ou un Oscar.

12.2.08

O club de lectura no Faro de Vigo

Podedes facer doble "CLICK" sobre a imaxe para aumentala e ler a noticia. E sen máis palabras, non vaia ser que collan algunha para outro titular.


8.2.08

III Certame de cartas de Amor

Continúa aberto o prazo de presentación de Cartas de Amor para o noso certame de creación literaria máis esperado, preludio da primavera. A carta gañadora será publicada na revista "O Besbello Saltón". Recórdovos de a próxima semana visítanos o escritor Fran Alonso para falarnos do seu libro "Cartas de amor".

7.2.08

Libro do mes de Febreiro 2008

Xa está aquí a nova obra para o concurso máis esperado. O libro deste mes será Noite de voraces sombras, de Agustín Fernandez Paz. Animádevos a participar no noso concurso. Outros compañeiros e compañeiras xa conseguiron o seu premio. E ti, a que esperas?










1.2.08

A Paz no noso instituto

Día 30 de Novembro. Despois de semanas elaborando vídeos para a paz e recollendo algúns doutras bibliotecas escolares, fixemos unha montaxe audiovisual que durou 40 minutos. Organizamos o seu visionado por grupos e en cinco sesións pasaron polo salón de actos todos os grupos do instituto. Foi un día grande, unha festa pola paz con poesía e música da que todos disfrutamos. Quince vídeos con poesías de Alberti, Miguel Hernández, León Felipe, Bertolt Brecht, Celso Emilio Ferreiro e música de Fuxan os Ventos, Cómplices, Antonio Flores, Ana Belén, John Lennon, Pedro Guerra, Bob Dylan e Amaral . Fixemos (e voltamos a facer desde aquí) un agradecemento público ós compañeiros e compañeiras das bibliotecas escolares de Galicia que duante estes últimos días traballaron freneticamente para que isto fose posible.