4.2.11

Teatro en inglés

Aínda que cun pouco de retraso, subimos as fotos da obra de teatro en inglés que tivo lugar a semana pasada. A obra, School's Out, representada polo grupo Clever paints e destinada a terceiro e cuarto, enmárcase dentro das actividades do plan anual de lectura do departamento de inglés, que xa con anterioridade organizara un contacontos en inglés para bacharelato a cargo de Charo Pita e Tim Bowley. O alumnado pasouno ben e incluso tivo ocasión de participar.

1 comentario:

Luz Valencia dixo...

Pasámolo ben todos, incluidos teachers! O grupo é moi bo e contamos con volver a telos connosco o curso que ven. É unha forma estupenda de ver que o inglés serve para ago máis que para traballar na clase.