6.4.11

3º ESO A GAÑADORES DO “RALLYE MATEMÁTICO 2011”


Os alumnos e alumnas do curso de 3º ESO A foron os gañadores galegos do XIX RALLYE MATEMÁTICO celebrado o 21 de Marzo do 2011.

PARABÉNS para todos eles.

Os 20 alumnos de 3º ESO A demostraron, unha vez máis, as súas habilidades no eido das Matemáticas. Cos seus amplos coñecementos matemáticos, o seu sentido organizativo, a súa perseverancia, a súa infinita ilusión conseguiron ser os mellores dunha cuarentena de grupos de toda Galicia que coma eles querían ser os primeiros. Este concurso caracterízase por ser unha competición matemática en grupo. A os 70 grupos que participaron este ano no Rallye propúsoselles 5 exercicios para resolver nunha hora. Todos os grupos, o mesmo dia a mesma hora, e vixiados por profesores doutro Centro, fixeron a mesma proba ( 4 exercicios comúns e o quinto específico para 3º ESO ou 4ª ESO), pero cada grupo no seu Centro .

O resultado final xa o coñecedes: 1º premio 3ºA do IES Alexandre Bóveda de Vigo

Despois desta gran alegría para o Centro, para o Departamento de Matemáticas e sobre todo para estes 20 alumnos aínda nos agardan máis satisfaccións: os premios. O primeiro paso é unha viaxe a Santiago de Compostela onde representantes da administración educativa farán entrega de Diplomas e de algúns presentes (non moitos pola crise) aos alumnos gañadores. O premio importante consiste nun desembolso monetario para o gasto do traslado a Toulousse dos gañadores de 3º e 4º de ESO a finais de maio. Unha vez alí estos grupos representarán a Galicia na final do Rallye Matemático de Toulousse.

Moita sorte 3º ESO A e a seguires traballando tan ben como ata agora.

A profesora Rosalía Fernández, que preparou ao grupo para esta proba, fíxonos esta crónica. Desde a biblioteca unímonos aos parabéns para 3º A.

3 comentarios:

Mar dixo...

Moitísimos parabéns! Agora, "a por todas" en Toulouse, sen esquecer disfrutar da viaxe... e das mates!

Anónimo dixo...

Go, go, go!!!!! O premio máis importante e o ben que estades funcionando como grupo, seguide así este será un ano para recordar nas vosas vidas e algo que contar aos netos (!!!),
Luz Valencia

Unknown dixo...

A pesar de que me sorprendeu que gañasemos, estou MOI CONTENTO, e agora so hai que pensar en Toulouse... :-D