25.2.14

Os relevos. Un proxecto de Ciencias.

Como ven sendo habitual, o Departamento de Bioloxía prepara cos alumnos de 3º e 4º de ESO uns traballos sobre diferentes temas. En cursos anteriores preparamos a estrutura do ADN, a célula ou a mitose. Este curso dedicámolo ao estudo dos diferentes relevos: fluvial, costeiro, volcánico, glaciar... Nestes traballos valóranse os coñecementos científicos, pero tamén se teñen en conta factores como a busca de información, con visitas á biblioteca do centro; o uso de internet e doutras fontes posibles; o traballo en equipo, a colaboración e solidariedade e a imaxinación para artellalo mediante o uso de diferentes materiais.
Cumpre dicir que todos os traballos estiveron moi por enriba do nivel, polo que nos resultou difícil escoller os cinco finalistas. Realizamos un vídeo onde a profesora e os gañadores nos explican o proceso.
Tamén deixamos una presentación de fotos da exposición dos traballos e dos libros relacionados co tema. 

22.2.14

VISITA DE MARÍA MENÉNDEZ-PONTE

O venres 21 tivemos unha visita especial. Trátase da autora María menéndez-Ponte, que causou moitísima expectación entre o alumnado de 2º de ESO que traía lida e relida a novela Nunca seré tu héroe, traballada nas clases de literatura. Pasou unha hora voando, nunha serie de preguntas do alumnado e repostas da autora que viñeron a resumir non só a historia , senón tamén as motivacións da autora e dos personaxes, o proceso de creación, a mestura de realidade e literatura, e os folgos que reciben os adolescentes cando len o libro e lles entran gañas de convertirse en heroes das pequenas cousas cotidianas. Cabe destacar tamén que o libro gustou tanto a mozos como a mozas, como o demostra a longuísima cola que se formou para asinar exemplares e a cantidade de fotos que se fixeron con María, que tivo palabras amables para todos/as. Agradecemos esa amabilidade e o bo facer que demostrou. Isti foi empezar o día cunha inxección de optimismo para o alumnado. Grazas, María.

9.2.14

Día da Paz 2014

Como todos os anos, celebramos outra vez o día da Paz. Nos días previos difundiuse entre o profesorado un cuestionario para que puidesen tratar o tema nas clases. No día 30 fixemos una sesión de vídeos, con curtas e canción sobre a Paz. Incluían as curtas Pigeon ImpossibleAbrazos, e as cancións Solo le pido a Dios, Blowing in the wind, La calle Mayor, Rosa de la Paz e Irmaus. Un día para a reflexión, no que agradecemos a colaboración do profesorado. Tamén aproveitamos para entregar os premios do concurso de lectura "O libro do trimestre" e os do concurso sobre Matilda feito no club de lectura. Pero isto merece un post a parte no blog do club de lectura.


3.2.14

Taller de escritura medieval

Nestas  últimas semanas, o alumnado de 3º e 4º de ESO participou nun taller de escritura medieval. Baixo a batuta da profesora Pilar Ferrín, convertíronse en copistas medievais por uns días, tomando como tema as moralexas de El Conde Lucanor. O resultado pódese ver estes días polos corredores do instituto.