25.2.14

Os relevos. Un proxecto de Ciencias.

Como ven sendo habitual, o Departamento de Bioloxía prepara cos alumnos de 3º e 4º de ESO uns traballos sobre diferentes temas. En cursos anteriores preparamos a estrutura do ADN, a célula ou a mitose. Este curso dedicámolo ao estudo dos diferentes relevos: fluvial, costeiro, volcánico, glaciar... Nestes traballos valóranse os coñecementos científicos, pero tamén se teñen en conta factores como a busca de información, con visitas á biblioteca do centro; o uso de internet e doutras fontes posibles; o traballo en equipo, a colaboración e solidariedade e a imaxinación para artellalo mediante o uso de diferentes materiais.
Cumpre dicir que todos os traballos estiveron moi por enriba do nivel, polo que nos resultou difícil escoller os cinco finalistas. Realizamos un vídeo onde a profesora e os gañadores nos explican o proceso.
Tamén deixamos una presentación de fotos da exposición dos traballos e dos libros relacionados co tema. 

1 comentario:

Anónimo dixo...

Que ben traballan este rapaces coa axuda da súa profe, claro! O traballo manual sempre é preciso, non toda vai ser virtual!