A escritora catalá Nuria
Pradas visitounos na biblioteca do instituto o mércores 12 de marzo para falar
co alumnado de 1º de ESO, en dúas sesións, da súa novela El
misterio de la calle de las Glicinas, que leron no primeiro trimestre na
asignatura de Lingua Castelá.
Tamén falou da súa interesante triloxía de novelas
curtas:. “Heka, un viaje mágico a Egipto”;
“Raidho, un viaje con vikingos” e “Koknom, una aventura en tierras mayas”,
da editorial Bambú, das que a
primeira fora lida tamén por algúns dos que estabamos alí.
As alumnas e alumnos preguntáronlle varias cousas
referentes ao libro: sobre as personaxes, a trama e o desenlace ou os sitios
onde se ambientaba a novela, pero tamén fixeron preguntas máis persoais sobre o
oficio de escritora, como se prefería adicarse a escribir ou á docencia, en que
se baseaba para inventar as súas historias, canto tempo lle levaba escribir
unha novela ou, incluso, canto gañaba escribindo. A todas elas respondeu Nuria
Pradas de xeito moi ameno e entretido.
En resumo, unha visita
moi interesante para todos os
alumnos/as, moitos dos cales puideron levar ademáis os seus libros adicados e
asinados pola propia autora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario