20.6.17

Europa Express (Andrea Maceiras)

 O pasado luns fixemos a derradeira xuntanza do club de lectura dos "maiores" ( 2ºESO-Bac) deste curso.
Se sempre ler un libro supón viaxar sen moverse do sofá, esta vez a viaxe en si mesmo era o fío conductor da historia. Montamos no tren con Aroa, Xacobe , Nico, Beatriz, Óscar Piero e Mía e realizamos o noso particular interrail. Comenzamos descubrindo os lugares que eles visitaron axudados por unha presentación de imaxes, todos preciosos. E igual que fixeron eles, os nosos lectores e lectoras decidiron marchar xuntos de interrail ao remate do bacharelato.

Pero máis alá deste periplo, está a viaxe interior de cada un dos adolescentes e a influencia que exerceu a morte "misteriosa" dun dos amigos. Comentamos a coincidencia da postal, como un feito trivial -descubrir ese bico retratado casualmente- saca a luz os segredos da alma, as relacións escondidas e como o pasado condiciona o presente.
Pareceunos que a estructura de contrapunto fora un acerto para manter a atención e a intriga. Gustounos que intercalara o momento presente co pasado  e que xogara con narradores diferentes. Analizamos a postura de cada adolescente, non compartimos moito a actitude de Aroa ou a postura de Xacobe con ela, pareceunos encantador Piero...

Foi un remate fantástico, o libro encantounos e os doces cos que acompañamos a nosa charla, tamén.

13.6.17

Circunloquio de lectura

O pasado xoves, tivo lugar unha nova sesión do Circunloquio de lectura. Como nas anteriores edicións, reunímonos algúns profesores e profesoras do instituto para conversar sobre lecturas.

Falamos de libros, dalgunha que outra serie, de adaptacións cinematográficas e cadaquén mostrou as súas suxestións. Todo,  por suposto,  aderezado cunha boa bebida e saborosos "pinchiños".

Sempre resulta un grato pracer reunirse para falar de libros pois descubrimos novas tentacións lectoras que agora compartimos con todos vós.

Estas son as suxestións que fixo cada persoa:


Ángeles López:
Cristina Fernández:
Luz Valencia:
Marian
Ana López:
Dani Rodríguez:
Pilar Domínguez:
Rosa Conde
Celia García:

7.6.17

Concurso de robótica


O alumnado da materia de Robótica de 1º e 4º da ESO participaron nun novo concurso de robótica. A biblioteca serviu de espazo para esta actividade.


6.6.17

COMICÓN intercentros Moaña

O club de Manga do noso centro participou o día 12 de maio na COMICON Intercentros que organizaron os institutos de secundaria de Moaña, IES Paralaia e IES As Barxas. 

Navegamos pola ría cedo pola mañá para estar na inauguración destas xornadas, venres e sábado, onde nos atopamos con coñecidos compañeiros e compañeiras dos clubs de manga cos que xa nos xuntamos en numerosas ocasións.

En Moaña agardábanos una mañá chea de actividades, charlas, concursos, tendas onde mercar… todo un mundo organizado polos colegas, cunha calidade impresionante. 

Iniciamos o día asistindo como público á gravación dun lidup no que participaron todos os colexios públicos de Moaña, tanto de primaria como de secundaria; ata os pequechos de infantil!!!

Tamén  colaboramos nas charlas e disfrutamos das distintas actividades programadas. Moitos quedámonos a comer e volvemos ao día seguinte a disfrutar e participar desta COMICON que acadou un nivelazo!!!! 

5.6.17

En Ourense co Club de Lectura

O venres día 2 de xuño 31 alumnos do club de lectura e as dúas profesoras responsables do club, Marisol Mariño e Ana López, fixemos un percorrido por Ourense rememorando aqueles lugares que forman parte da nenez e xuventude do escritor Carlos Casares, homenaxeado, este ano, no día das Letras Galegas.

Empezamos o percorrido no parque de San Lázaro, onde dúas alumnas leron fragmentos da obra " Cambio en tres"  (1969) que se sitúan neste parque e na Rúa do Paseo.                                                                                         .
O parque de San Lázaro está presente tanto nos seus xogos de neno como na súa primeira etapa de xornalista no xornal La Región de Ourense. Alí, no Café  Parque, lugar de tertulias literarias,  Casares escoitou, entre outros, a  Risco, o cal se recolle no fragmento que tamén limos de "Un país de palabras"


Continuamos pola rúa do Paseo, onde xogaba o autor cos seus amigos,  pero tamen era a rúa onde estaba orixinariamente o edifcio do xornal "La Región", diante do cal pasamos.

Antes de seguir cara a Alameda, fixemos unha parada na Deputación de Ourense , depositaria dun impresionante cadro do pintor galego Vidal Souto. O cadro encantounos a todos.

Na Alameda, tamén presente na obra de Casares, outros dous alumnos leron fragmentos de  "Vento ferido" (1967).


Seguimos o noso percorrido cara a Catedral pasando pola igrexa de San Francisco. Diante dunha porta da Catedral, dúas  alumnas leron  fragmentos de "Ilustrísima", unha das novelas máis ourensás do autor.

Finalmente, chegamos ao Concello, na Praza Maior, onde un alumno leu, para finalizar o noso roteiro, o poema "Amemos" .

Rematamos o noso día no río ,nas pozas termais de Outariz.