24.1.18



VIII XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Os días 1 e 2 de decembro do 2017 tiveron lugar as Xornadas de bibliotecas en Santiago.Acudimos dúas profesoras do equipo da biblioteca, Ana Álvarez Paz, e Ana López Álvarez, responsable da biblioteca do I.E.S.
 Este ano as ponencias xiraron en torno á Filosofía e a aprender a pensar dende a biblioteca. Como todos os anos a experiencia foi enriquecedora: de todas as sesións aproveitamos algunha idea: o primer poñente animaba a ler para pensar e a intentar buscar o libro máis idóneo para cada rapaz dentro da aula; outros poñentes mostraron como ensinar a pensar centrándose nas preguntas a través das súas experiencias dende infantil ata secundaria. A directora da biblioteca de San Sebastián mostrounos os logros dunha biblioteca pública   a través dos cambios e experiencias  levados a cabo  na   biblioteca pública  ; a palabra como resistencia as pantallas; e para rematar as mencións ao poder da palabra e por ende do libro para axudar e recuperar  a persoas enfermas ou con problemas.

Ningún comentario: